En torno ás 23:08 deste pasado domingo produciuse un sinistro vial na estrada AG-51 á altura da parroquia de Lira, en Salvaterra de Miño. O vehículo estaba ocupado por duas persoas, que facían uso do cinturón de seguridade.
Segundo explican dende o 112 Galicia, «o vehículo, no que viaxaban as dúas persoas, continuou recto por unha rotonda e rematou envorcado nun aparcamento». Así, o impacto ocasionou lesións importantes aos ocupantes, sendo un deles ferido de gravidade.
Tras a primeira chamada de alerta recibida sobre o sinistro no 112 Galicia, activáronse os protocolos correspondentes para que fosen mobilizados recursos de salvamento, asistencia médica e seguridade. Ata o lugar desprazáronse os membros do GES-Bombeiros de Ponteareas e Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como os axentes da Garda Civil de Tráfico.
Os ocupantes foron trasladados ao hospital coa finalidade de solicitar extracción de sangue e verificar alcoholemia, segundo informan dende a Subdelegación do Goberno en Pontevedra.