martes, mayo 6, 2025
InicioNewsActualidadePonteareas vivirá o seu Corpus Christi máis inclusivo con Borja Gómez como...

Ponteareas vivirá o seu Corpus Christi máis inclusivo con Borja Gómez como pregoeiro

O deportista Borja Gómez será o pregoeiro das festas do Corpus Christi do Concello de Ponteareas. O Concello de Ponteareas comeza as súas preparacións para a celebración das emblemáticas festas do Corpus Christi, que darán o pistoletazo de saída coa lectura do pregón a fin de semana anterior ao inicio das festas.

Nesta edición do 2025, a lectura do pregón será a cargo do deportista Borja Gómez. Borja, veciño de Ponteareas de dezanove anos, leva pedaleando dende os seis anos e será a primeira persoa con Síndrome de Down en dar o pregón das festas.

Así o anunciou o tenente de alcaldesa e concelleiro Cultura, Juan Carlos González Carrera durante a presentación do evento, onde asegurou que se trata dun «pregoeiro de consenso, de integración e un símbolo de traballo esforzo e visibilización«.

O pregoeiro, Borja Gómez, quixo agradecer ao Concello de Ponteareas ser escollido como pregoeiro desta nova edición do Corpus Christi e durante a presentación, recordaba «esas noites realizando as alfombras coa súa familia».

Pola súa banda, o pai do pregoeiro, Calis Gómez, quen estivo acompañando ao seu fillo durante a presentación reivindicou que este feito «ten que ser un paso máis cara a integración global das persoas con diversidade».

Pola último, a alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro quixo facer fincapé en que Borja, aparte dun gran deportista, «é unha persoa arraigada á cultura e á tradición de Ponteareas dende ben pequeno, participando xunto á súa familia na elaboración das alfombras do Corpus Christi».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS