Sábado, Febreiro 7, 2026
HomeNewsActualidadeContinúa A Reconquista: O RC Celta abre a preventa para a nova...

Continúa A Reconquista: O RC Celta abre a preventa para a nova remesa da camiseta Oliveira dos Cen Anos

O RC Celta de Vigo consegue que A Reconquista continúe na cidade olívica e, por extensión, ao resto de Galicia. E é que, segundo explican desde o club, “a camiseta conmemorativa de ‘Oliveira dos Cen Anos’ en homenaxe á Reconquista logrou emocionar e conectar co celtismo dunha forma única, entrelazando á afección cunha das celebracións máis especiais da nosa historia”.

Cando comeza a preventa?

Foi o pasado xoves 27 cando o RC Celta anunciou unha primeira tirada de 1.809 unidades que “superou todas as expectativas, esgotando o día do seu lanzamento todo o stock en apenas unhas horas”. Por iso, o club, da man de Hummel, decidiu activar unha preventa para a segunda remesa, co obxectivo de que todos aqueles que non puideron facerse coa súa o pasado luns teñan unha nova oportunidade “de levar con orgullo este símbolo da nosa identidade”.

A preventa estará activa dende as 16:00 horas deste xoves na tenda online rio1923.gal. Os pedidos rexistrados nesta preventa serán tramitados e enviados a partir do 25 de abril.

A través desta iniciativa, o RC Celta quere agradecer a implicación do celtismo posto que “unha vez máis, e lograr que todos os afeccionados poidan conseguir novamente esta prenda que, máis aló de ser un artigo de deseño, é un homenaxe a todos os que, ao longo dos anos, fixeron grande a este club e a esta cidade”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS