Abel Caballero vén de anunciar este mesmo mércores unha nova confirmación dentro da programación musical que acollerá o Auditorio Municipal de Castrelos durante o verán deste 2025.
O cantante, compositor e bailarín Jasón Derulo actuará no auditorio vigués o vindeiro venres 8 de agosto, sendo esta a súa segunda data anunciada en España dentro da xira internacional ‘Be the first to hear‘.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que o músico fará bailar e vibrar a todo o auditorio “cos temas mundialmente coñecidos de reggaeton e trap latino” como “Want to want me“, “Whatcha Say” ou “Swalla“.
Concertos Castrelos 2025
Así, o concerto de Jason Derulo súmase aos sete concertos xa confirmados polo goberno local vigués para a programación do auditorio neste 2025.
- Ana Belén: Sábado 12 de xullo
- Gente de Zona: Xoves 17 de xullo
- Trueno: Venres 18 de xullo
- Rozalén: Xoves 24 de xullo
- Vanesa Martín: Xoves 31 de xullo
- Ópera La Traviata: Venres 1 de agosto
- Jason Derulo: Venres 8 de agosto
- India Martínez: Sábado 16 de agosto


