Domingo, Xaneiro 25, 2026
HomeNewsActualidadeO mel será o gran protagonista desta fin de semana no Porriño

O mel será o gran protagonista desta fin de semana no Porriño

O Concello do Porriño acollerá durante a xornada do sábado 5 de abril a XXXVII Feira Apícola Rías Baixas con venda de material apícola, charlas técnicas, actividades lúdicas, produtos artesáns, venda de mel catas e show cooking e ruta de tapas.

Parte da programación da feira dará comezo o venres 4, co contacontos infantil “Os nenos e o Mel de Galicia” ao que asistirá o alumnado dos centros de Educación Primaria do Porriño. Ademais, durante todo o día do venres os asistentes poderán desfrutar da ruta de tapas que prepararán os locais da vila co mel como protagonista.

Xa no sábado 5, a xornada inaugurarase ás 10:00h na carpa instalada na Praza do Cristo. Durante todo o día estarán abertos os postos e haberá charlas informativas e mesas redondas. Así mesmo, haberá obradoiros infantís e seguirá en activo a ruta de tapas.

As xornadas están organizadas pola Agrupación Apícola de Galicia e o Concello do Porriño.

Ademais, este ano a Feira conta cunha novidade coa venda do pack solidario “La abeja que enfermó de ELA” que consta de caderno, bolsa e marcapáxinas en favor da enfermidade da Ela. O pack custa 30€, e o importe será íntegramente doado para esa causa.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS