Xoves, Xaneiro 29, 2026
HomeNewsActualidadeSalceda conta cun punto de resolución de dúbidas tecnolóxicas

Salceda conta cun punto de resolución de dúbidas tecnolóxicas

Salcada de Caselas acollerá este mércores 26 de marzo a segunda sesión da iniciativa “Puntos de atención dixital” que a fundación Esplai está a desenvolver na vila nun proxecto pioneiro en Galicia.

As sesións lévanse a cabo o último mércores de cada mes nas oficinas exteriores do Concello de Salceda de Caselas, coincidindo co día de mercado no municipio. A finalidade da iniciativa é dar resposta ás necesidades manifestadas polas persoas maiores cun punto de atención directa para a resolución de dúbidas e problemas co manexo dos dispositivos electrónicos.

O pasado mércores 26 de febreiro tivo lugar a primeira sesión, que segundo informan dende o goberno local “tivo unha moi boa acollida por parte das persoas maiores”.

A atención desenvólvese en horario de mañá, de 9:00h a 13:00h. Un total de 16 persoas poden ser atendidas cada xornada, para o cal deben achegarse no propio día á oficina habilitada e reservar a súa quenda de atención nun horario concreto.

A concelleira de Benestar Social e Ensino, Selene González, asegura que “a tecnoloxía chegou para quedarse e como administración debemos promocionar a autonomía persoal e garantir que os dereitos tecnolóxicos das persoas maiores se cumplan”.

Pola súa banda, a alcaldesa de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira, destacou que “comezamos o ano escoitando e analizando as necesidades da veciñanza, e unha vez que tivemos os resultados poñemos en marca as iniciativas que dean resposta ás demandas prantexadas. Neste caso, dúas educadoras sociais ensinan e resolven as dúbidas das nosas persoas maiores, tal e como elas mesmas solicitaron. Un servizo de calidade e gratuíto que contribúe ao seu benestar social”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS