Martes, Febreiro 3, 2026
HomeNewsActualidadeO Rallye Recalvi Rías Baixas adianta a data da 58 º edición

O Rallye Recalvi Rías Baixas adianta a data da 58 º edición

A Escudería Rías Baixas vén de informar que as datas de celebración da nova edición serán os 3,4 e 5 de xullo. Segundo indican nun comunicado, esta decisión tomouse “en común acordo coa Real Federación Española de Automobilismo, institucións, patrocinadores e marcas” co obxectivo de “non perxudicar ao automobilismo galego”.

Deste xeito a Escudería indica que a proba terá lugar os días 3,4 e 5 de xullo e non na “data inicialmente axendada e publicada porla RFEdA no calendario do Supercampeonato do España de Rallyes”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS