Así o vén de anunciar o alcalde de Vigo, Abel Caballero, a cantante e compositora Vanesa Martín actuará o xoves 31 de xullo no Auditorio de Castrelos en Vigo.
Esta é a segunda confirmación que o rexedor da cidade olívica dá a coñecer de cara á programación musical do verán. A primeira confirmación desta edición foi a ópera ‘La Traviata‘ que achegará ao gran auditorio vigués o vindeiro venres 1 de agosto.
Caballero definiu a Vanesa Martín como “unha das artistas femininas máis importantes do panorama musical español” e eloxiou os múltiples recoñecementos musicais que ten a artista ademais de destacar as súas xiras por “latinoamérica e Estados Unidos”.
Vanesa Martín regresa así aos escenarios, co seu Tour 2025 do que xa comezou a dar pequenas pinceladas tras o lanzamento do seu novo single “Objetos Perdidos” o pasado mes de xaneiro. Esta canción é o adianto do seu próximo proxecto discográfico, previsto para a primavera.

