Domingo, Febreiro 1, 2026
HomeConcellos +A CañizaO Parque Empresarial do Vieiro na Cañiza, un paso máis cerca de...

O Parque Empresarial do Vieiro na Cañiza, un paso máis cerca de ser realidade

O delegado do Estado na Zona Franca de Vigo, David Regades e o alcalde da Cañiza, Luís Piña, asinaron este venres o protocolo de colaboración que senta as bases para a implantación e o desenvolvemento do Parque Empresarial do Vieiro, que contará cunha superficie de case un millón de metros cadrados.

Ambas institucións reafirmaron así a súa vontade de dar resposta a “unha demanda histórica do tecido empresarial da comarca” cun proxecto destinado a dotar de solo industrial ao Concello e, mediante o desenvolvemento urbanístico, facilitar o asentamento de novas empresas e fixar poboación no municipio.

Unha vez asinado o protocolo, o próximo paso é solicitar á Xunta de Galicia a Declaración de Interese Autonómico da actuación para, unha vez aprobada, redactar e tramitar o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) para a implantación do parque empresarial.

David Regades sinalou que “a posta en marcha do novo Parque Empresarial do Vieiro é un esforzo máis de Zona Franca por fomentar a creación de chan industrial en toda a provincia co fin de promover o desenvolvemento económico”.

Pola súa banda, Luís Piña, manifestou a súa satisfacción “ante unha aposta estratéxica para o Concello da Cañiza pola que levamos anos traballando e que agora queda consolidada”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS