Xoves, Febreiro 12, 2026
HomeNewsActualidadeO Festival de Cans contará cun novo roteiro cinéfilo-literario pola aldea ...

O Festival de Cans contará cun novo roteiro cinéfilo-literario pola aldea da man de Iria Misa

O Festival de Cans, cuxa XXII edición se celebrará entre o 20 e o 24 de maio de 2025, vén de anunciar a estrea dunha nova actividade, un novo roteiro cinéfilo-literario pola aldea. Este roteiro parte do libro da escritora de literatura xuvenil Iria Misa, que segundo informan dende a organización “leva traballando na idea máis de dous anos, nos que realizou estadías periódicas en Cans no marco das Residencias Artísticas que promove o certame”.

Este novo libro, ten xa un preámbulo no anterior “Unha veciña de película”, no que a protagonista recibe o nome de Alice, en homenaxe á cineasta pioneira Alice Guy. Neste novo traballo Alice volve ser a protagonista, xunto a un grupo de rapaces que se introducen nos vellos documentais filmados na aldea, mergullándose na historia e na memoria de Cans.

Deste xeito, a nova obra de Iria Misa abrirá un novo roteiro cinéfilo-literario, que será percorrido os días do festival por escolares que lean previamente o libro. A idea é continuar o relevo do libro “Cans”, escrito por Carlos Meixide con ilustracións da pintora María Meijide.

Segue aberto o prazo de inscripción de obras a concurso

Por outra banda, o Festival de Cans mantén aberto ata o 2 de marzo o prazo de envío de obras a concurso para participar nas competicións oficiais e nas seccións paralelas do certame, e informan que “este ano o festival batirá o récord de premios en metálico, rebasando os 13.000 euros”.

A inscripción pode realizarse de xeito gratuito na web do propio festival, en categorías como ficción, animación, non ficción e a competición Novas Camadas, destinada a cineastas menores de 25 anos, ademáis da popular categoría de videoclips.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS