O Partido Socialista de Ponteareas indica nun comunicado que “a nova escola infantil será financiada en gran medida, tal e como recoñece o goberno municipal, polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea” e que “este financiamento foi posible grazas ás xestións do goberno de Pedro Sánchez”.
Así, nun comunicado, os socialistas e as socialistas da vila do Tea explican que “queremos destacar a importancia deste financiamento europeo para o desenvolvemento do proxecto” e que “é un exemplo de como os fondos europeos poden contribuir á mellora da calidade de vida das nosas veciñas e veciños”.
A voceira do PSOE ponteareán, Vanesa Fernández, anima ao goberno municpal “a seguir a senda marcada polos socialistas nos mandatos anteriores e aproveitar o financiamento europeo para mellorar e ampliar os servizos públicos, así como facer un pobo máis accesible e respetuoso co medio ambiente, apostando pola recuperación de espazos para a cidadanía”.

