Martes, Febreiro 10, 2026
HomeNewsActualidadeMondariz Balneario crea o seu propio festival literario coa figura de Ramón...

Mondariz Balneario crea o seu propio festival literario coa figura de Ramón Cabanillas no centro

Os días 8 e 9 de novembro, a vila de Mondariz Balneario converterase nun escenario itinerante que acollerá o I Festival Literario do municipio, e que estará adicado nesta primeira edición a Ramón Cabanillas.

O festival realizarase en diferentes localizacións da vila e terá actividades para todos os públicos e grupos de idades. A figura de Ramón Cabanillas será a protagonista desta primeira edición “pola súa pegada e historia na vila termal, da que tamén foi concelleiro” aseguran dende o goberno local.

Programación

O venres o festival dará comezo coa visita do alcalde de Cambados e a neta do poeta e seguidamente, Bieito Ledo dará unha conferencia sobre a súa figura.

O sábado pola mañá, Anxo Raxó impartirá un obradoiro literario xuvenil e de seguido serán as presentacións das novelas “A historia de Sara” e “Xoán, Xoana”, do autor Francisco Castro.

Pola tardé, haberá unha mesa de escritores na que versarán sobre a figura de Ramón Cabanillas e na que se procederá á lectura dos seus textos. A continuación, Xaime Fandiño será o encargado de falar sobre o ‘Edadismo‘ e presentará a súa novela “El último concierto”. O peche do festival será coa actuación da artista galega, Paula Meda.

“Este festival nace coa intención de recuperar ese espazo especial que era Mondariz Balneario para todos os escritores, pensadores e artistas”, aseguraba César Gil, alcalde de Mondariz Balneario. “Non hai mellor opción que dedicarlle esta primeira edición a Ramón Cabanillas, que foi un dos grandes escritores que pasou por Mondariz Balneario”.

Pola súa banda, a escritora Elena Comesaña, asegurou na presentación do festival “estar moi agradecida ao Concello por dar a oportunidade de organizar este festival nun lugar tan importante e con tanta historia”. “Será unha fin de semana completa de actividades interesantísimas nas que calquer persoa e os amantes da lectura poderán gozar nesta vila”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS