Luns, Febreiro 9, 2026
HomeNewsA RaiaValença constrúe unha fortaleza á medida "dos pequeniños" con torres, muro de...

Valença constrúe unha fortaleza á medida “dos pequeniños” con torres, muro de escalada e pontes

No outro lado da raia, os nenos e as nenas contarán cunha particular atracción. Trátase da “fortaleza dos pequeniños”. Isto é, un parque infantil que se localizará no recinto do Jardin das Amoreiras, na propia Fortaleza.

A obra, aprobada pola Câmara Municipal de Valença, foi asignada o 4 de outubro e implicará un investimento de preto de 70.000 euros.

Entre os equipamentos lúdicos cos que contará este espazo infantil destaca a recreación dun castelo de trés torres, con red para la escaldada, unha ponte, barra de bombeiros e ata un columpio formado por troncos, entre outros atractivos.

Todo o parque estará protexido con unha valla de madeira que conta cunha abertura a modeo de pórtico de entrada. Un dos elementos que destacarán, tamén, serán as casetas de vixilancia con cúpulas.

Diversión no casco histórico

A “Fortaleza dos Pequeniños” pretender ser un espazo que inspire aos pequenos e as pequenas a divertirse no propio centro histórico a través de elementos lúdicos que fagan referencia á historia, a memoria e ao significado da Fortaleza de Valença.

Para o alcalde da vila lusa, José Manuel Carpinteira, este equipamento pretende dar resposta á falta de espazos de xogo infantil no interior da fortaleza” e agarda que “sexa un espazo que enamore e quede na memoria das familias e dos turistas”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS