domingo, diciembre 7, 2025
No menu items!
No menu items!
InicioComarcasBaixo MiñoTomiño recoñece os méritos do seu deportista paralímpico David Mella

Tomiño recoñece os méritos do seu deportista paralímpico David Mella

Leva deslizándose sobre a auga dende que era un cativo, aínda que tivo que botar man da forza de vontade para adaptar a súa vida deportiva á nova realidade que lle tocou vivir tras un accidente. O Concello de Tomiño mantivo un encontro co piragüista tomiñés David Mella, que vén de proclamarse campión do mundo en paracanoe en CL1 200 m tras brillar con luz propia na competición celebrada na localidade húngara de Szeged.

A alcaldesa, Sandra González, gabou o mérito do goianés e salientou que para o Concello “é un orgullo contar con deportistas do nivel e da calidade humana de David, un referente incrible para todas e todos nós que demostrou que con paixón, determinación e tesón non hai meta inalcanzable”.

O deportista do Kayak Tudense e do Equipo Nacional de Paracanoe da Real Federación Española de Piragüismo adestra a diario para dar o mellor de si nunha categoría que aínda non está no programa paraolímpico, pero que probablemente se incluirá para Los Ángeles 2028.

Durante o encontro, a alcaldesa, concelleiras e concelleiros deron os parabéns a David Mella e animárono a continuar progresando e recollendo triunfos como ten feito ata o de agora. 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS