Desde a Facultade de Xeografía e Historia da UNED ponse en marcha todos os anos o programa de Humanidades a curta distancia que consiste en achegar os traballos de investigación que están a facer os profesores da facultade aos estudantes nos centros asociados.
Por ese motivo organízase en Ribadavia as xornadas “Tras as Pegadas do Viño: Percorrido pola Tradición Vitivinícola do Noroeste Peninsular”.
A asistencia é gratuíta, con entrada libre ata completar a capacidade da sala. Aquelas persoas interesadas en obter un certificado de asistencia debe inscribirse previamente.
Ao final das xornadas haberá unha cata de viños comentada a cargo de técnicos da EVEGA e CRDO Ribeiro

