domingo, septiembre 28, 2025
No menu items!
No menu items!
InicioA terraMedio AmbienteNo Día Internacional dos Bosques, Adega propón unha ducia de novas árbores...

No Día Internacional dos Bosques, Adega propón unha ducia de novas árbores senlleiras

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza vén de trasladar ao Comité das Árbores Senlleiras 12 propostas de nova inclusión para a protección doutras tantas árbores e formacións senlleiras

Trátase de exemplares superlativos que na maioría dos casos unen as súas excepcionais características dendrométricas ou rareza cun destacado valor etnográfico e patrimonial.

A proposta está integrada por un ameneiro (río Loira, Marín); unha araucaria (pazo de Lourizán, Pontevedra); un bidueiro (lago Castiñeiras, Marín); a Carballeira de Brandeso (Arzúa); un carballo e un cerquiño (Cerracín, Friol e Santigoso, A Mezquita); tres castiñeiros (souto do Mola, A Mezquita, Pexeiros 1 e 2, Os Blancos); un eucalipto robusto (O Campo, Marín); e varios teixos (Vilarbacú, Quiroga e Noceda, Folgoso do Courel).

Todos estes exemplares son «verdadeiramente excepcionais», destacando ben pola súa idade (os máis de 500 anos do Castiñeiro do Mola), o seu porte, caso do eucalipto robusto (Eucalyptus robusta Sm.) do Campo en Marín, o de maiores dimensións desta especie en Europa ou o bidueiro do lago de Castiñeiras, tamén en Marín, posiblemente o maior de Galicia, ou tamén o teixo de Vilarbacú (na imaxe), o de maior circunferencia de Galicia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS