Xoves, Febreiro 5, 2026
HomeComarcasLouriñaO Concello de Porriño manifesta enerxicamente a súa condena frente a agresión...

O Concello de Porriño manifesta enerxicamente a súa condena frente a agresión sexual producida nas festas de Pontellas

- A muller vítima desta agresión interpuxo onte unha denuncia e a Garda Civil investiga os feitos

Dende o Concello do Porriño manifestan “a nosa máis enérxica condena á agresión sexual acontecida na madrugada do martes nas festas de Pontellas e o noso total apoio e solidariedade coa vítima e a súa familia, poñendo a súa disposición os recursos de apoio psicolóxico e protección que requira”.

“Dende o Concello, a petición da familia coa que mantivemos contacto en todo momento, facemos un chamamento á prudencia na difusión de informacións e pedimos o máximo respecto para preservar os seus dereitos e intimidade”, din.

“Reiteramos, de maneira clara e decidida, o noso rexeitamento contra calquera forma de violencia machista. O noso compromiso na loita contra calquera conducta que atente contra a dignidade e a integridade física ou moral das mulleres é firme”.

“Lembramos que nos eventos organizados por este Concello as mulleres teñen á súa disposición, nun lugar accesible e céntrico, o Punto Violeta ao que poden acudir en caso de sufrir ou ser testemuña dunha agresión sexual e ser atendidas por persoal cualificado nesta materia de inmediato”, acaban dicindo.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS