Xoves, Febreiro 5, 2026
HomeNewsO PaísComesaña cita aos alcaldes da área de Pontevedra tras destinar médicos MIR...

Comesaña cita aos alcaldes da área de Pontevedra tras destinar médicos MIR aos PAC

O conselleiro de Sanidade explicaralle aos rexedores o próximo xoves, 26 de xaneiro, “o traballo realizado” en materia de sanidad e “as melloras acadadas”.

A reunión foi comunicada mediante unha carta remitida este martes ás alcaldías.

A versión oficial é que Sanidade considera que, seis meses despois da posta en marcha do novo equipo directivo da área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, “é o momento de facer balance”.

En cambio, entre os convocados hai quen recibiu a cita como unha contraprogramación ao cumio de alcaldes que promoveu o rexedor de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, para batallar contra a “deterioración” da sanidade pública prevista esta mañá no Teatro Principal.

Tamén coincide esta convocatoria tras facerse público que Sanidade destinará médicos MIR de cuarto ano aos PAC de esta área, ante a carencia de facultativos.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS