Sábado, Marzo 7, 2026
HomeComarcasVigoOs traballadores de Vitrasa piden ao alcalde de Vigo, Abel Cabellero, que...

Os traballadores de Vitrasa piden ao alcalde de Vigo, Abel Cabellero, que medie coa empresa

O comité de Vitrasa acusa a dirección de non querer negociar o convenio mentres non acepte unha baixada de salarios.

“Parece que a Abel Caballero se lle olvida solucionar cuestións de servizos públicos cando se trata de el”. Así o di o voceiro do sindicato CIG en Vitrasa, Imanol Arnoso, en referencia ao alcalde de Vigo ao que lle reclama “que medie coa empresa”.

E é que o comité de empresa de Vitrasa, concesionaria do servizo de transporte interurbano do Concello de Vigo, acusou á dirección de negarse a negociar un novo convenio colectivo até que o cadro de persoal non acepte unha baixada de soldos, unha vez que o xulgado botou abaixo a súa intención de inaplicar o actual convenio en materia salarial. Neste contexto, traballadores/as da compañía do grupo Avanza mobilizáronse  diante do consistorio para reclamar unhas condicións de traballo dignas.

Escoita a entrevista completa con Imanol Arnoso,aquí:

 

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS