viernes, diciembre 26, 2025
No menu items!
No menu items!
InicioComarcasLouriñaMos celebra unha mesa sindical como primeiro paso do orzamento 2023

Mos celebra unha mesa sindical como primeiro paso do orzamento 2023

A partida orzamentaria dedicada a persoal incrementarase nun 3,5%.

Esta xoves celebrouse unha reunión cos representantes dos sindicatos do Concello de Mos, na que estiveron presentes a alcaldesa, Nidia Arévalo; a concelleira de Persoal, Julia Loureiro; o secretario municipal, o interventor e a técnico de persoal.
O motivo da xuntanza foi tratar cos representantes sindicais do Concello a partida de persoal no orzamento municipal para o próximo ano, que se incrementará nun 3,5% polo acordo estatal entre Goberno Central e sindicatos nas retribucións dos empregados das administracións públicas. Ademais, esta subida salarial aumentará nun 9% a dotación económica destinada ao capítulo de persoal do orzamento municipal de aquí ao ano 2024.
A rexedora local declarou sobre a xuntanza que durante a mesma “quedou patente a extraordinaria relación entre goberno, traballadores e sindicatos” e explicou que durante a mesma “tamén recollemos diversas peticións dos representantes sindicais tales como a revisión do plan de pensións e a creación dun fondo social. Informamos, así mesmo, sobre os avances na oferta extraordinaria de estabilización do emprego público”. Oferta que permitirá a funcionarización de ata 31 traballadores municipais, actualmente en réxime de persoal laboral e interino, e sobre a que na reunión desta mañá se informou de que este mes serán publicadas as bases xerais e o proceso levarase a cabo durante o período 2023-2024.
Os representantes sindicais abordaron tamén unha posible modificación da RPT (Relación de Postos de Traballo) pero, dado que o documento é aínda novo, pois a última modificación foi aprobada en 2019, a devandita nova modificación non se abordará ata o ano que vén, coa nova corporación municipal e iniciada a vindeira lexislatura, tal e como informaron as representantes municipais, Arévalo e Loureiro.

Orzamento 2023, de 12 millóns, a pleno en novembro
Sobre o orzamento municipal para o vindeiro ano a alcaldesa declarou que “levamos xa case un mes traballando nel e nas vindeiras semanas entregarémosllo á oposición para levalo a aprobación no pleno do presente mes de novembro. Unha vez máis aprobarémolo en tempo e forma, antes do inicio do novo exercicio”.
“Será un orzamento de 12 millóns de euros sen cambios drásticos respecto ao anterior. Destaca como durante os últimos anos, a partida destinada a política social, que é a máis elevada de todo o orzamento. Para min a partida de Política Social é a máis importante do orzamento. Tamén haberá un incremento do gasto en servizos, como por exemplo o de recollida de lixo, cuxo importe anual elévase a case o dobre, pasando de 525.149,94 euros (sen IVE) aos 1.024.847,34 euros (sen IVE)” concluíu Nidia Arévalo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS