Xoves, Febreiro 5, 2026
HomeComarcasO Condado" O PSOE de Ponteareas foi o único grupo que tivo unha...

” O PSOE de Ponteareas foi o único grupo que tivo unha posición clara sobre o centro de saúde”

As concelleiras socialistas Chus Garrote e Vanesa Fernández visitan os estudos centrais de Si Radio para falar sobre asuntos de actualidade municipal.

 

“O PSOE de Ponteareas foi o único grupo que tivo unha posición clara sobre a ubicación do novo centro de saúde”. Así o aseguran as concellerias socialistas Chus Garrote e Vanesa Fernández nos estudos di Si Radio sobre a oferta que, finalmente, fai o Concello á Xunta de Galicia. As socialistas insisten en “abrir un proceso participativo para acadar o maior consenso social e político posible”.

Explican, de igual xeito, que debido “as limitacións da Consellería de Sanidade”, O PSdeG de Ponteareas “estudamos outros posibles emprazamentos conxuntamente co noso socio de goberno para poder ofertar unha parcela que siga a reunir as característicsa que para os socialistas consideramos imprescindibles”. Refírense á mobilidade, á conexión coa estación de autobuses e o custe cero para as arcas municipais, entre outras cuestións.

Podes escoitar a entrevista completa aquí:

 

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS