martes, abril 23, 2024
InicioPenínsula e mundoGloboResultados prometedores da vacina Pfizer/BioNtech en Israel

Resultados prometedores da vacina Pfizer/BioNtech en Israel

Os resultados preliminares da vacinación contra o coronavirus en Israel amosan que a vacina parece ser efectiva en reducir tanto as infeccións coma os casos que requiren hospitalización.

Israel ten un dos programas de vacinación máis avanzados no mundo debido a un acordo especial coa farmaceútica Pfizer, produtora da vacina Pfizer/BioNtech.

Co acordo Israel comprometeuse a ofrecer datos médicos esenciais sobre a vacinación a cambio dun programa acelerado de inmunización na súa poboación.

E así se converteu no país que vacinou á maior porcentaxe de poboación e na proba da efectividade das vacinas para o resto do mundo.

Segundo datos do Ministerio de Saúde israelí, cerca de 1,7 millóns de persoas, case o 19% da poboación de 9 millóns, xa recibiu as dúas doses que require a vacina. E uns 3 millóns de persoas xa recibiron a primeira dose.

A semana pasada o Ministerio de Saúde publicou os primeiros resultados da vacinación.

Estos amosan que só 0,4% das persoas resultaron infectadas unha semana despois de vacinarse e só 0,002% dos vacinados tiveron que ser internados no hospital.

Outro estudo dun dos proveedores de servizos médicos do país, Servizos Maccabi de Atención á Saúde, publicou tamén un pequeno estudo sobre a vacinación.

Este amosa que entre quenes xa recibieron ambas doses da vacina, só 0,04% resultaron infectados.

Segundo a organización, estes datos preliminares suxiren que a vacina é 92% efectiva, moi cerca do 95% de efectividade que amosaron os ensaios de Pfizer.

Os expertos, porén, piden cautela xa que estes resultados son preliminares e non foron revisados por outros científicos.

«Malia que estes resultados son impactantes, é moi importante sinalar que non houbo un grupo de control directo ou datos sobre a demografía e a xeografía das persoas vacinadas», dixo a The Times of Israel o inmunólogo Cyrille Cohen, profesor da Universidad Bar Ilan.

Asimesmo, como informa a BBC, os expertos sinalan que comparar os cálculos dun estudo coma o de Maccabi cos resultados dos ensaios de Pfizer pode ser enganoso xa que unha poboación enteira ten moitas máis variables e escenarios que cambian constantemente.

Eran Segal, biólogo computacional do Instituto de Ciencias Weizmann de Israel, dixo a The Guardian que unha sociedade «non pode actuar como unha placa de Petri» para unha proba de vacinación. «Cando vacinas a unha nación hai moitos factores de confusión», explica Segal.

«Este (programa de vacinación) non é un ensaio. Ese é o problema. Debemos ser moi cautelosos», agrega.

O país agarda vacinar a tódolos seus habitantes maiores de 16 anos para finais de marzo.

Porén, malia o seu avanzado programa de vacinación, Israel está sumido nunha debilitante vaga de infeccións e un confinamento nacional que non logrou reducilas taxas de mortalidade.

En total rexistrou 640.000 casos por covid desde que comezou a pandemia e 4.700 mortes segundo datos da Universidade Johns Hopkins.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES