viernes, abril 19, 2024
InicioPenínsula e mundoGloboGamestop: a batalla entre Wall Street e os gamers de Reddit.

Gamestop: a batalla entre Wall Street e os gamers de Reddit.

Wall Street vive unha batalla inusual. Os protagonistas son, por unha banda, os operadores tradicionais do mercado de valores estadounidense e, pola outra, os inversores novatos que empregan plataformas de redes sociais como Reddit para comunicar as súas decisións especulativas.

E polo momento, os últimos levan a de gañar. No centro da batalla atópase unha cadea de venta de videoxogos chamada Gamestop, posiblemente unha reliquia nun mundo que se move online.

 As accións de Gamestop disparáronse este mércores un 116% ao inicio da apertura da bolsa de Nova Iorque. Isto engádese a un pinchacarneiro do 92% o martes, e na última semana acumulou subidas por riba do 300%. Segundo o analista Neil Wilson, de market.com, explicou á BBC, isto está a volverse estraño: «Estamos a ver algúns negocios serios entretenidos nalgúns rincóns do mercado». «¿Rematará mal?», pregunta Thomas Hayes, director xerente do fondo de inversión Great Hill Capital. «Seguro. Malia que non sabemos cando».

¿Que está a pasar? ¿Por que están a aumentar as accións de Gamestop? Non se debe a que a compañía teña anunciado boas novas. Gamestop, descrito por un inversor profesional como un «vendedor fracasado nun centro comercial», rexistrou unhas perdas de 795 millóns de dólares en 2019 e probablemente perdeu varios centos de millóns máis en 2020. Porén, un exército de expertos negociantes nas redes sociais con acceso a plataformas comerciais gratuítas e de baixo custo como Robinhood, e que probablemente teñen moito tempo libre durante a pandemia, están a intercambiar consellos e a aumentar os prezos das súas accións a través da plataforma Reddit.

As de Gamestop no son as únicas accións na súa mira. As de Blackberry, AMC e Nokia Oyjis tamén o están.

Pero actualmente Gamestop é o campo de batalla entre os fondos de inversión e grandes inversores, e os apostadores privados de Reddit.

A clave do que está  a suceder son as «vendas en curto» (shorting, en inglés), nas que, por exemplo, un fondo de inversión toma prestadas accións dunha empresa doutros inversores coa aposta de que o prezo das accións vai caer. O fondo vende as accións nos mercados, por exemplo, a 10 dólares cada unha, agarda ata que caen a 5 dólares e vólveas a mercar. As accións prestadas devólvense ao propietario orixinal e o fondo obtén un beneficio. Esa é a teoría explicada de xeito sinxelo.

As de Gamestop son as accións máis empregadas en operacións de venda en curto de Wall Street, e pénsase que arredor do 30% dos seus títulos están en mans de fondos que as tomaron prestadas. Mais os inversores en Reddit embarcáronse nun frenesí de compra de accións, o que aumenta o seu prezo e pon nun «pequeno problema» aos grandes operadores do mercado.

Nesta contorna de operacións financieiras sobrecargada, os grandes inversores de Wall Street apresúranse a volver ao mercado para limitar as súas perdas, coa demanda facendo subir o prezo ainda máis. Segundo informa a BBC, o fondo de inversión Melvin Capital Management tivo que ser rescatado con máis de 2.000 millóns de dólares para cubrir as perdas dalgunhas accións, incluídas as de Gamestop. Para moitos inversores en Reddit, non se trata só de gañar cartos. Eles queren guerra. O analista Neil Wilson di que, ao ler as mensaxes en Reddit, la batalla diaria dos inversores novatos con Wall Street é claramente persoal.

«Entre os moitos aspectos estraños desta historia, o que é moi inusual é a peculiar ‘moralidade do vixilante’ dos compradores que fan subir as accións. Parecen empeñados en enfrontarse a Wall Street, parecen odiar os fondos de inversión e as mensaxes están salpicadas de insultos sobre os cartos dos ‘baby boomers'» (a xeración nacida trala Segunda Guerra Mundial). «É unha loita xeracional, redistributiva, na cal se trata de roubar aos ricos para dar aos ‘pobres’ millennials».

Pero moitos grandes inversores néganse a ceder e seguen a manter as súas accións de Gamestop a prezos baixísimos. Cren que a marea cambiará o instinto de manada de Reddit e as accións de Gamestop volverán aos prezos máis baixos. «Estes non son tempos normais e malia que o de (Reddit) é fascinante, non podo evitar pensar que é pouco probable que isto remate ben para alguén», dixo o estratega de Deutsche Bank ,Jim Reid.

Para os veteráns do mercado de valores, este é un exemplo da tolemia do comercio especulativo que só pode rematar en bágoas. E para os reguladores, é unha dor de cabeza, xa que son eles os que deberían tomar medidas enérxicas contra a manipulación do mercado. Jacob Frenkel, un exabogado da Comisión do Mercado de Valores de EE.UU. (SEC, polas súas siglas en inglés), opinou que «este comercio volátil impulsado por opinións onde semella haber pouca actividade corporativa para xustificar o movemento de prezos é exactamente do que están feitas as investigacións da SEC (Securities and Exchange Commission)».

Porén, outros expertos cren que la lexión de inversores de Reddit representa un cambio xeracional nas actitudes cara os cartos e o uso de novas tecnoloxías. «Non creo que isto sexa una moda pasaxeira», analizou John Patrick, un experto en fondos de VanEck. «Un comerciante minorista non se apoiará en Wall Street para administrar os seus cartos e definitivamente agora vexo unha relación antagónica entre a vella garda (Wall Street) e os inversores individuais que están en aumento», dixo.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES