sábado, abril 20, 2024
InicioPenínsula e mundoGloboBiden, pola reunificación de familias migrantes

Biden, pola reunificación de familias migrantes

O presidente dos Estados Unidos, Joe Biden, firmou tres decretos este martes que sinalan ás políticas de inmigración do seu predecesor e tratan de rectificalas.

Estas medidas, segundo informa a CNN, inclúen establecer un grupo de traballo deseñado para reunir ás familias separadas na fronteira entre Estados Unidos e México.

Os últimos decretos baséanse nas accións tomadas durante os primeiros días de Biden no cargo. E comezan a proporcionar unha imaxe máis clara das prioridades da administración en materia de inmigración.

«Non estou a facer unha lei nova, estou a eliminar as malas políticas», dixo Biden na Casa Blanca, sobre os decretos que firmou.

No evento acompañouno a vicepresidenta Kamala Harris. Tamén, o recén confirmado secretario de Seguridade Nacional Alejandro Mayorkas.

«Trátase de como Estados Unidos é máis seguro, máis forte e máis próspero cando temos un sistema de inmigración legal xusto, ordenado e humano», engadiu o mandatario.

Os decretos firmados este martes apuntan en grande medida a revisar políticas e non teñen un impacto inmediato, o que preocupa a activistas e avogados de inmigración que loitan por atopar respostas sobre o futuro dos inmigrantes suxeitos ás políticas da era Trump.

Alida García, vicepresidenta de defensa de FWD.us, dixo á CNN que estaba entusiasmada cos anuncios do martes. Porén, sinalou que tamén hai «frustración sobre a urxencia que existe para que os proveedores de servizos teñan claridade na súa capacidade para asesorar ás persoas en situacións de vida ou morte».

«Agardamos escoitar axiña máis loxística dura», agregou.

Horas despois de comenzar a súa presidencia, Biden tomou medidas para desfacer rápidamente moitas políticas da administración de Trump. Fíxoo a través de accións executivas. Tamén enviou un proxecto de lei de inmigración ao Congreso. Mais a súa administración xa enfronta obstáculos legais para implementar esas políticas. A semana pasada, por exemplo, un xuiz federal bloqueu temporalmente a pausa de 100 días de Biden nas deportacións, mentres o caso avanza.

O Senado votou 56-43 este martes para confirmar a Alejandro Mayorkas como secretario de Seguridade Nacional. É o primeiro latino e inmigrante en liderar o departamento.

Durante a súa campaña presidencial, Biden comprometeuse a establecer un grupo de traballo para identificar e reunificar a familias separadas na fronteira entre México e Estados Unidos. Centos de nenos e nenas foron separados de seus pais baixo a polémica política de «tolerancia cero» da administración de Trump. O novo grupo de traballo deriva desa promesa.

Este grupo de traballo estará presidido polo secretario do Departamento de Seguridade Nacional. Ademais, traballará en todo o goberno de EE.UU., xunto a socios, para atopar aos pais e nais separados dos seus fillos e fillas durante a administración anterior. CNN informou previamente que se agarda que a primeira dama, Jill Biden, teña un papel activo no grupo de traballo.

A equipa encargarase de identificar a tódalas nenas e nenos separados de seus proxenitores ou titores legais na fronteira sur, así como de facilitar e permitir a reunificación dos e as menores coas súas familias.

As consecuencias da política de «tolerancia cero» que levou á separación de miles de familias aínda se sinten actualmente. Os avogados non poden comunicarse cos pais e nais de 611 menores aos que os funcionarios fronteirizos separaron dos seus pais e nais entre 2017 e 2018. Isto segundo a última presentación xudicial nun caso de separación familiar en curso.

«A administración de Biden está comprometida a remediar este terrible dano que a administración de Trump inflixiu ás familias», dixo un alto funcionario do goberno. A fonte calificou a política de Trump como un «fracaso moral» e unha «vergonza nacional».

Biden calificou á política migratoria anterior de ser unha «mancha» na reputación do país.

«Pola gracia de Deus e a boa vontade dos veciños, reuniremos a estes nenos e nenas. E restableceremos a nosa reputación de ser un refuxio para as persoas necesitadas», sinalou.

O Departamento de Xustiza tamén rescindiu oficialmente a política a semana pasada. Fíxoo a través dun memorándum aos fiscais federales, a pesar de que xa rematara.

Os casos de familias separadas examinaranse de forma individual para determinar os próximos pasos. «O obxectivo do grupo de traballo é, en primeiro lugar, identificar. Mais, tamén, facer recomendacións sobre como poden reunirse as familias, tomando en conta o menú de opcións que existen baixo a lei de inmigración», dixo o funcionario.

O goberno formula proporcionar axuda á rexión para apoiar iniciativas que combatan a corrupción. Adicionalmente, revivir o programa de menores centroamericanos que fora terminado por Trump e permite que certos mozos e mozas en risco vivan en Estados Unidos, segundo un alto funcionario do goberno.

O Departamento de Seguridade Nacional tamén recibirá instrucións para revisar a política da era Trump que esixe aos migrantes non mexicanos permanecer en México ata a data da súa audiencia na corte de inmigración en Estados Unidos. A política, coñecida informalmente como «Quedar en México», deixou a miles de solicitantes de asilo agardando no medio de condicións peligrosas e deplorables na frontera.

O goberno de Biden suspendeu as novas inscricións no programa de asilo. Porén, non revelou os seus plans para atender aos miles de migrantes que aínda agardan en México. A administración só dixo que serán tidos en conta a medida que se implementan nuevos sistemas.

«A situación na fronteira non se transformará da noite á mañá», dixo un alto funcionario do goberno. «Isto débese en grande parte ao dano causado nos últimos catro anos. Pero estamos comprometidos a abordalo na súa totalidade».

O decreto tamén pide unha serie de accións para restaurar o sistema de asilo, que cambiou drásticamente nos últimos catro anos e dificultou enormemente que os migrantes obteñan asilo en Estados Unidos.

Este decreto busca promover a integración e inclusión de inmigrantes, segundo a Casa Blanca. Tamén restablecer un Grupo de Traballo para Novos Estadounidenses.

Igual que nos outros decretos, tamén apunta a revertir as políticas da era Trump que se dirixían aos inmigrantes de baixos ingresos. Entre elas, o chamado a una revisión da regra de carga pública que fai que sexa máis difícil para os inmigrantes obter un estatus legal si empregan beneficios públicos como Medicaid, cupóns de alimentos e vales de vivenda.

O decreto tamén comeza unha revisión do proceso de naturalización para axilizalo e facelo máis accesible, segundo un alto funcionario do goberno.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES