viernes, marzo 29, 2024
InicioPenínsula e mundoGlobo70% do planeta vacinado, imprescindible para a inmunidade global

70% do planeta vacinado, imprescindible para a inmunidade global

Malia que varios países xa están a aplicar as vacinas contra o coronavirus, o mundo non logrará a inmunidade colectiva en 2021, segundo advertiu este luns a Organización Mundial da Salúde (OMS).

Informa BBC. «Non imos lograr ningún nivel de inmunidade colectiva en 2021» debido a que a distribución das vacinas «toma tempo», dixo a científica en xefe da OMS, Soumya Swaminathan, nunha conferencia de prensa virtual desde Xenebra.

«Necesítase tempo para escalar a produción de doses, non só en millóns, senon que aquí estamos a falar de miles de millóns», dixo tamén, e pediu á xente que teña «un pouco de paciencia».

Swaminathan sinalou que ao final «as vacinas van chegar» e que «van ir a tódolos países». Pero lembrou que mentras tanto «hai medidas que funcionan».

A científica pediu á xente que siga a tomar precaucións como o distanciamento físico, o lavado de mans e o uso de mascariñas para combatir a pandemia, precaucións que serán necesarias durante «alomenos o resto deste ano».

Xa pasou máis dun ano desde que China reportou á OMS os primeiros casos dun novo tipo de neumonía, que semanas despois recibiría o nome de covid-19. Desde entón e ata este luns, rexistráronse 90.604.773 casos casos da doenza en tódolos continentes do planeta, e morreron 1.939.488 persoas en todo o mundo.

Alomenos 40 países xa comezaron a vacinar á súa poboación contra a covid-19.

Polo momento, Israel é o país máis adiantado na inmunización xeral dos seus habitantes.

Pero na súa última conferencia de 2020, a OMS tamén dixo que malia á vacinación, a erradicación da covid-19 «é un valo moi alto».

«A existencia dunha vacina, mesmo con alta eficacia, non é garantía da eliminación ou da erradicación dunha doenza infecciosa», dixo o doutor Mark Ryan, xefe do programa de emerxencias da OMS, a finais de decembro.

Malia que nos países ricos, a vacinación avanza de xeito estable, a falta de solidaridade cos países pobres suporá un obstáculo máis cara a consecución dunha inmunidade global.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES