miércoles, abril 24, 2024
InicioPenínsula e mundoEspañaSanidade debe decidir a quen porlle a vacina de Astrazeneca

Sanidade debe decidir a quen porlle a vacina de Astrazeneca

A partir deste sábado van chegar a España 1,8 millóns de vacinas de Astrazeneca contra a COVID-19 pero ao non existir estudos da súa eficacia en maiores de 65 anos, Sanidade debe decidir a quen administrarlla.

 

Será a primeira remesa do vial de AstraZeneca que chegará esta fin de semana ao noso país, entre este sábado día 6 e o luns 8. Decidirase hoxe nunha reunión da Comisión de Saúde Pública a quen se lle inxecta. Sanidade xa descartou poñérllela aos maiores de 80 anos, pero non informou aínda se si lla vai por aos maiores de 65 anos ou se, como parece máis probable, finalmente vaia destinada a persoas máis novas con patoloxías, traballadores esenciais ou sanitarios aínda non vacinados.

Algúns informes científicos recomendaron non inocularlla aos maiores de 65 anos por falla de datos sobre os efectos durante os ensaios clínicos pero é unha vacina autorizada pola Unión Europea igual que a de Pfizer&Biontech e a de Moderna.

A ministra de Sanidade, Carolina Darias, afirma que o Goberno de España mantén a previsión da Unión Europea no ritmo de vacinación aos maiores de 80 anos:

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES