jueves, abril 25, 2024
InicioPenínsula e mundoEspañaA escola concertada denuncia a 'Ley Celaá' ante a Comisión Europea

A escola concertada denuncia a ‘Ley Celaá’ ante a Comisión Europea

A plataforma Más Plurales, que engloba aos centros concertados, ven de rexistrar ante a Comisión Europea un escrito denunciando que a Lomloe ou Ley Celaá «pon en grave risco a vulneración de dereitos fundamentais e liberdades».

Para esta «marea laranxa», que se ten manifestado en numerosas ocasións e levou máis de dous millóns de sinaturas ao Congreso, considera que a Lomloe “vulnera a liberdade de ensinanza establecida no artigo 27 da Constitución ao converter a ensinanza concertada en subsidiaria da pública».
Argumenta tamén que vai “contra a liberdade de creación de centros ao limitar a posibilidade de apertura de novos centros con ideario propio e con elo o pluralismo no sistema educativo”. Defenden que “o dereito dos pais a elixir a educación que queren para os seus fillos conforme as súa conviccións tamén se ve limitado coa nova lei ao eliminarse o concepto de demanda social como criterio a ter en conta na programación da oferta de prazas escolares sostidas con fondos públicos».

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES