A Semana Santa de Ferrol 'estreará' en 2022 dous dos seus templos
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, acompañado polo delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, presentou na igrexa de Nosa Señora das Dores, en Ferrol, os traballos de restauración que a Xunta iniciará nos vindeiros días e que permitirán resolver as súas patoloxías.