martes, abril 16, 2024
InicioNewsO PaísUnha quenlla "dentes de can" vara e morre na ría de Arousa

Unha quenlla «dentes de can» vara e morre na ría de Arousa

Nunca antes se avistara nas costas galegas esta especie. Unha quenlla «dentes de can» sa especie «solraio» varou na ría de Arousa e finalmente morreu. É unha quenlla de 3,30 metros de lonxitude característica do océano Atlátinco ou Pacífico.

 Oceanógrafa do CEMMA, Uxía Vázquez:

A necropsia aportará máis datos de como unha quenlla desta especie viu varar as costas galegas.

Nunca antes se vira unha quenlla desta especie en Galicia. Trátase dun exemplar de solraio, máis propio de latitudes temperadas do Atlántico e o Pacífico.

Este apareceu na ría de Arousa, entre a Illa e Vilanova. Trátase dunha femia, duns 3,3 metros de lonxitude.

O animal foi capturado accidentalmente por un barco de pesca. Volveron liberalo pero pouco despois apareceu morto.

Nestes momentos científicos da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) estanlle facendo unha necropsia para saber algo máis sobre este animal, e se é posible coñecer as causas que o conduciron á ría de Arousa.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES