jueves, marzo 28, 2024
InicioNewsO PaísUn incendio nun ático obriga a desaloxar un edificio en Ourense

Un incendio nun ático obriga a desaloxar un edificio en Ourense

Un incendio nun ático nun edificio céntrico de Ourense obriga a desaloxar os veciños e causa grande expectación polo despregamento dos equipos de emerxencia. Houbo tres afectados polo fume.

O lume que prendeu nun ático dun gran edificio da Avenida da Habana obrigou a desaloxar as vivendas e a cortar o tráfico da vía para os labores de extinción de dos bombeiros e outros efectivos de emerxencias.

No ático había oito persoas e tres delas tiveron que ser atendidas polos equipos sanitarios por inhalación de fume.

O fume chegou a varias das vivendas.

Todo parece indicar que o lume se orixinou nun aparato eléctrico.

A gran columna de fume púidose ver desde moitos puntos da cidade das Burgas.

Ao ser un edificio céntrico o despregamento de emerxencias espertou unha gran expectación este mércores pola mañá.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES