jueves, abril 25, 2024
InicioNewsO PaísUn coche mergúllase no mar en Marín cos ocupantes dentro

Un coche mergúllase no mar en Marín cos ocupantes dentro

Sumerxido na auga acabou o coche dun mozo veciño das proximidades de Marín, concretamente no peirao de Aguete. Tiña o freo de man mal posto e cando os dous ocupantes se percataron o automóbil xa entrara na auga.

O mozo meteu o vehículo na zona de servizo para embarcacións o martes pola noite. Con dúas persoas dentro e  parado co freo de man mal posto (sen decatarse), o coche foi caendo cara á auga. As dúas persoas saíron ao darse conta pero o coche continuou afundíndose.

A parella de ocupantes non tivo máis remedio que marchar para casa esa noite e o coche quedou na auga ata o mércores pola mañá que conseguiron retiralo cun  guindastre. 

Existen prazas sinaladas para o aparcamento de coches e tamén sinalización que advirte de que esa rampla é unha zona de traballo coas prohibicións e advertencias que corresponde. Con todo os bañistas úsana con frecuencia e outras persoas, como este mozo, levan o coche ao espazo disposto para a entrada e saída de embarcacións do mar.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES