miércoles, abril 24, 2024
InicioNewsO PaísUn acto vandálico deixa 21 coches queimados no centro de Tui

Un acto vandálico deixa 21 coches queimados no centro de Tui

Ata 21 coches arderon en cinco lumes provocados á vez en distintas rúas do centro de Tui na madrugada deste luns.

 A Garda Civil investiga os feitos para dar cos autores destes actos vandálicos que desvelaron á veciñanza de Tui.

A policía xudicial recada datos para dar cos causantes destes  lumes nocturnos simultáneos ás da madrugada .

A Policía local contabiliza ata 21 coches calcinados estacionados nas rúas Calvo Sotelo, Ordóñez, Tide, Piñeiro e praza Armada.

Ademais dos vehículos, tamén quedaron danadas algunhas vivendas no seu exterior, sobre todo as fiestras polas altas temperaturas acadadas.

Os primeiros en chegar foron os efectivos de Protección Civil de Tui. O seu presidente, Juan Manuel González:

Interviñeron tamén bombeiros do Porriño – Baixo Miño e de Valença, forzas e corpos de seguridade da comarca e efectivos Protección Civil de Tomiño, Tui, O Porriño e Salceda.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro:

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES