viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsO PaísTres millóns de euros da Xunta para o sector biotecnolóxico

Tres millóns de euros da Xunta para o sector biotecnolóxico

A Xunta destina tres millóns de euros a unha nova liña de axudas para apoiar as pemes do sector biotecnolóxico con menos de 8 anos de antigüidade. 

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe que a Xunta destinará 3 M€ a unha nova liña de axudas para apoiar as pemes do sector biotecnolóxico con menos de 8 anos de antigüidade.

Durante a rolda de prensa do Consello, Feijóo explicou que esta nova liña, chamada Consolida Bio, pretende fortalecer as pemes do sector, impulsar a súa competitividade e atraer emprendemento tecnolóxico á Comunidade. Nese sentido e para acadar eses obxectivos, as achegas cubrirán tanto investimentos produtivos e tecnolóxicos como innovación en procesos e actividades para levar ao mercado solucións baseadas na biotecnoloxía.

Con respecto aos requisitos que deberán cumprir as empresas para optar a estas axudas, ademais da antedita antigüidade, salientou que deberán estar vinculadas a algunhas das ramas de actividade prioritarias da biotecnoloxía en Galicia como a xestión e aproveitamento de recursos mariños, a produción e aproveitamento agrogandeiro e forestal, alimentación funcional para a saúde e envellecemento activo ou novas tecnoloxías para a medicina personalizada.

Por último, o presidente da Xunta avanzou que a previsión é poder apoiar neste primeira convocatoria  a 12 pemes, mobilizar 9 M€ e crear 36 novos empregos de alta cualificación. Ademais, subliñou que estas axudas se enmarcan tanto na nova Estratexia de especialización intelixente (RIS3) de Galicia como na Estratexia de consolidación do sector biotecnolóxico 2021-2025.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES