jueves, marzo 28, 2024
InicioNewsO PaísSoben os casos en todas as áreas de Galicia agás na de...

Soben os casos en todas as áreas de Galicia agás na de Ferrol

Aumentan en 72 casos activos en Galicia ata un total de 1377.

Arestora, son 1377 casos activos no conxunto de Galicia. Isto é, 72 máis que onte, segundo a última actualización de Sanidade. A Área Sanitaria de Pontevedra é a que máis aumenta ata os 152.

En canto á presión hospitalaria, hai 46 persoas ingresadas. Das cales, 35 (+2) están en planta e 11 (-1)nas UCI. A Área Sanitaria de Santiago e a de Ferrol non teñen pacientes ingresados en camas convencionais pero si nos coidados intensivos.

Por áreas sanitarias:

A Coruña: 484 (+6)

Vigo: 208 (+19)

Lugo: 191 (+18)

Pontevedra: 152 (+24)

Ourense: 150 (+4)

Santiago: 125 (+13)

Ferrol: 67 (-12)

O SERGAS notificou o falecemento dunha muller de 72 anos no CHUAC o 24 de xuño. A muller presentaba patoloxías previas, segundo Sanidade.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES