jueves, marzo 28, 2024
InicioNewsO PaísSobe o prezo lo leite galego pero segue a ser o máis...

Sobe o prezo lo leite galego pero segue a ser o máis baixo

Por vez primeira na historia o prezo do leite galego en orixe supera os 40 céntimos por litro e, mesmo así, segue a ser un dos máis baixos de toda España.

O conselleiro de Medio Rural, José González, destaca que no mes de abril, o último do que se teñen datos, o prezo que se paga a produtores en Galicia supera por primeira vez os 40 céntimos por litro de leite.

Este novo prezo supón un incremento do 1,2% respecto ao mesmo período de 2021, así como dun 2,8% máis en comparación co mesmo mes de 2020. No entanto, segundo os datos do Ministerio de Agricultura, a cifra que se paga en Galicia (40,9 céntimos por litro) é a máis baixa da España peninsular, un céntimo menos que a media española (42 céntimos).

Este mércores, José González reuniuse con responsables de Capsa Food, no marco da rolda de contactos da Xunta para facer balance das medidas no marco da estratexia de dinamización do lácteo galego, que foi posta en marcha a finais de 2020.

Respecto diso, o conselleiro comprobou avances na rendibilidade dos gandeiros que entregan leite a esta empresa debido á subida do prezo que se lles paga por litro e a aposta por produtos con valor engadido. Así mesmo, insistiu no chamamento ao Goberno central apara que impulse un gran acordo a nivel estatal entre toda a cadea de valor do lácteo de face a garantir que se asegure a rendibilidade dos gandeiros.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES