viernes, abril 19, 2024
InicioNewsO PaísSete vacinados contáxianse nunha residencia de Xinzo

Sete vacinados contáxianse nunha residencia de Xinzo

Entra dentro do posible e agardable. Como acontece coa gripe, a pesar de estar vacinados podemos contraer igual a enfermidade, aínda que con síntomas máis leves. E iso pasoulle a 7 maiores da residencia Santa Mariña de Xinzo de Limio esta semana.

Todos os usuarios desta residencia recibiran as dúas doses da vacina da COVID-19 pero poden contaxiarse igual, xa que a vacina da covid-19 non é efectiva ao 100 %. Ademais a súa efectividade redúcese en persoas maiores con patoloxías crónicas ou cun sistema inmunitario máis deficiente, como puido acontecer neste caso.

Foi unha das usuarias a que comezou a manifestar síntomas compatibles coa enfermidade, fíxoselle a proba e deu positivo. A continuación fíxoselle un cribado entre todos os usuarios, 52 en total, e os seus 22 traballadores e foi cando se detectaron 6 positivos máis.

Dos sete contaxiados, unha usuaria está hospitalizada e os demais illados.

Efectivos dos bombeiros desinfectaron os arredores da residencia a primeira hora este xoves para minimizar o risco de contaxio.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES