jueves, marzo 28, 2024
InicioNewsO PaísSarria sobe ao nivel alto de restricións

Sarria sobe ao nivel alto de restricións

O subcomité clínico reuniuse este venres de xeito extraordinario.

Os expertos e as expertas do subcomité clínico  que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola COVID-19, vén de acordar, na reunión esxtraordinaria mantida este venres, o nivel alto de restricións para o Concello de Sarria.

Así, este concello é o único municipio de Galicia no que o interior dos locais da hostalería estará pechado. O aforamento nos exteriores é da metade da capacidade.

Tras avaliar a incidencia acumulada do concello lucense, situada en 142 casos a sete días, e en 202 casos a catorce; o grupo de expertos decidiu incrementar as súas retricións «co ánimo de reducir o índice de casos activos», segundo apuntan dende Sanidade. 

Do mesmo xeito, ficarán no nivel medio os concellos de Castroverde, Camariñas, Malpica de Bergantiños, Cambre e Poio.

Os restantes  concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo. 

O comité reunirase de novo o vindeiro martes, para analizar a situación epidemiolóxica dos concellos galegos.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas de mañá sábado, 26 de xuño.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES