jueves, marzo 28, 2024
InicioNewsO PaísRueda ve "decepcionante" que o Estado non conxele as peaxes

Rueda ve «decepcionante» que o Estado non conxele as peaxes

A decisión do Goberno de non conxelar as peaxes en 2023 é «francamente decepcionante» para Rueda.

«Francamente decepcionante” así o calificou o presidente galego, a posibilidade de que o Goberno central aprobe unha medida para reducir a previsible subida das peaxes nas autoestradas de titularidade estatal en Galicia, AP-9 e AP-53, xa que o que se busca é a “conxelación” total das peaxes, segundo apuntou o mandatario da Xunta de Galicia.

Tras a reunión semanal do seu Goberno, Rueda manifestouse así sobre a posibilidade de que o Ministerio de Transportes utilice fondos propios para evitar que as concesionarias de autoestradas apliquen unha subida das peaxes do 8,4 % a partir do próximo 1 de xaneiro como consecuencia da forte alza que rexistra o IPC.

Con todo, o mandatario autonómico considera que o pertinente é que o Goberno consiga que non se produza “ningunha suba este ano 2023”.“Celebramos que se vaia concretando que haxa algún tipo de medida para evitar ese tipo de subida tan grande” pero é “francamente decepcionante” que non se consiga a conxelación total que é o que, a xuízo de Rueda, “agradecería a xente”.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES