viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsO PaísRueda anuncia unha rebaixa do IRPF no debate de investidura

Rueda anuncia unha rebaixa do IRPF no debate de investidura

O candidato no pleno de investidura á Presidencia da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou que Galicia «non esperará ao Goberno central» e no ano 2023 «reducirá o primeiro tramo do IRPF» do 9,4 por cento ao 9 por cento, situándose Galicia como a segunda «con menos impostos para as rendas máis baixas».

Durante o debate de investidura, o vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, explicou que con esta rebaixa fiscal, a baixada de impostos para estes fogares «serán máis dun 25 por cento máis baixos do que eran no ano 2009». «Desta maneira, estaremos ao seu lado para afrontar o grave incremento no prezo dos produtos esenciais por mor da inflación».

Ademais, a partir da declaración de 2023, as familias galegas con dous fillos menores de 25 anos contarán cos mesmos beneficios fiscais, a efectos de IRPF, que gozan as familias numerosas, unha promesa electoral que fixo Feijóo para esta lexislatura. Isto traducirase nunha dedución de 250 euros no tramo automático da cota íntegra do IRPF, que se incrementará en 250 euros extra polo terceiro fillo e cada un dos seguintes.

Alfonso Rueda arrincou o seu discurso de investidura pedindo o apoio e facendo gala da «experiencia, responsabilidade e esperanza». «Pido a confianza da cámara na que reside a vontade popular dos galegos», proclamou.

Na súa intervención, Rueda referiuse a Feijóo como  «un galego exemplar» do que «aprendeu o verdadeiro significado do servizo público». Rueda asegurou que ao agora líder do PP «non se lle concedeu a fortuna de gobernar en tempos calmos, senón que se curtiU nalgúns dos momentos máis complicados da Galicia das últimas décadas».

«Teño que dicir que con Feijóo aprendín o verdadeiro significado do servizo público», sostivo Rueda, que destacou que co paso que acaba de dar Feijóo, «sitúa, unha vez máis, os intereses de todos por encima dos seus propios». «Os galegos confiamos en que, sexa cal for a responsabilidade que lle toque asumir nos próximos anos, onde queira que o leve a vontade dos españois, Alberto Núñez Feijóo seguirá sendo sempre un servidor de Galicia», indicou

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES