martes, abril 16, 2024
InicioNewsO PaísRepunta de positivos e descenso de hospitalizados en Galicia

Repunta de positivos e descenso de hospitalizados en Galicia

Galicia ten 3.061 persoas contaxiadas de COVID-19, son 34 máis nun día. Máis significativo é o aumento de contaxios diarios detectados, 189 nun só día. Soben os casos nas áreas de VIgo, Ourense, Santiago e Lugo. Descenden en 12 os hospitalizados.

No ecuador da última semana do estado de alarma, Galicia repunta os seus contaxios ata os 3.064, é unha subida leve. Aínda que os novos contaxios diarios si que repuntaron significativamente ata os 189.

Nos hospitais galegos hai 200 persoas ingresadas diagnosticadas de COVID-19, son 12 menos que un día antes. Caeron a 152 as ingresadas en planta pero subiron en 1 máis as que requiren unha cama en UCI, 48 agora.

Por áreas sanitarias:

Vigo: 913 (+15)

A Coruña: 685 (-2)

Pontevedra: 473 (-5)

Santiago: 386 (+3)

Ourense: 279 (+17)

Lugo: 233 (+9)

Ferrol: 92 (-3)

Baixa a presión hospitalaria

Na última xornada non se diagnosticaron mortes de persoas con coronavirus. O número total de falecidos ascende a 2.391 en Galicia desde o inicio da pandemia.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES