martes, abril 23, 2024
InicioNewsO PaísReparado o socavón que pechou Peinador durante 21 horas

Reparado o socavón que pechou Peinador durante 21 horas

Esta tarde volve estar operativa pero o aeroporto de Vigo quedou sen saídas nin chegadas de avión desde este luns pola tarde  por un socavón na pista.

 Aena tranquiliza e a circulación de avións está restablecida ás 16.00 horas deste martes.

Estivo pechado 21 horas, desde que este luns ás sete se localizou unha focha na pista que obrigou a pechar as portas do aeródromo e a levar a cabo obras de reparación.

A consecuencia, cinco voos cancelados e outros catro con chegada a Vigo desviados ao aeroporto de Santiago de Compostela, desde onde se operaron ou se van operar, o que obrigou a desprazar en autobús os pasaxeiros.

Unha fochanca similar obrigou a pechar a pista no último día do ano 2021. Volveu ocorrer outra vez o verán pasado, no mes de xullo, pero sen parar a actividade do aeroporto.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES