viernes, abril 19, 2024
InicioNewsO PaísReencontro de non conviventes en domicilio a partir do sábado

Reencontro de non conviventes en domicilio a partir do sábado

Ao igual que antes da Semana Santa, Galicia permitirá desde o venres os reencontros no interior dos domicilios de ata 4 persoas non conviventes. Anunciouno o conselleiro de Sanidade este mércores.

O conselleiro de Sanidade:

Julio García Comesaña anunciou que a partir da noite do venres 9 de abril volverán permitirse as xuntanzas de non conviventes nos domicilios. Ao igual que acontece na hostalería poderán reunirse catro persoas que non sexan do mesmo núcleo no interior dos domicilios e seis persoas no exterior.

Os concellos que cambiarán de nivel son A Pobra do Caramiñal e O Grove que estarán en restricións máximas (nivel 1) desde a medianoite. Entón, prohibirase a entrada ou saída do municipio e a hostalería só poderá servir a domicilio.

No nivel alto de restricións quedarán 6 concellos. Son A Pobra do Brollón, Rábade, O Irixo, Monterrei, A Illa de Arousa e Carral. A partir deste xoves, nestas localidades deberá pechar o interior dos bares e restaurantes e usar só o 50 % das terrazas.

Pasan ao nivel medio: Beade, Cortegada, Padrenda, O Carballiño, Boimorto, Sanxenxo, Meis, Cangas, Gondomar, Moaña e Baiona. Para eles permítese un 30 % de ocupación no interior dos establecementos de restauración e un 50 % no exterior.

No resto dos municipios galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo. Nestes casos, pódese ocupar ata o 50 % no interior de bares e restaurantes e ata o 75 % en terraza. Nos tres niveis que non son de restricións máximas, a hostalaría pode permanecer aberta ata as 21:00 horas.

Todas estas medidas entrarán en vigor esta medianoite, agás a das reunións de non conviventes que entrarán en vigor o venres á medianoite.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES