jueves, marzo 28, 2024
InicioNewsO PaísRecuperado un cadáver do río Miño en Lugo

Recuperado un cadáver do río Miño en Lugo

Un cadáver en avanzado estado de descomposición foi recuperado en augas do río Miño polos bombeiros de Lugo este martes pola noite.

A Comisaría Provincial de Lugo foi alertada poucos minutos antes das 21.00 horas, por parte dun particular, do achado do que parecía un cadáver en augas do río Miño, na parroquia de Conturiz.

Ata o lugar desprazouse de inmediato unha patrulla da Policía Nacional. Os axentes comprobaron que era imposible acceder a pé ata o lugar no que se achaba o corpo e foron os bombeiros de Lugo, quen, con axuda dunha embarcación, lograron achegarse ata ao lugar no que estaba o cadáver e recuperar o corpo, que estaba en avanzado estado de descomposición.

Por mor do seu estado, foi imposible identificar a persoa falecida, polo que o cadáver foi trasladado ao HULA, onde se lle realizará a autopsia para determinar as causas da morte. Ao mesmo tempo, iniciouse unha investigación para identificar a persoa falecida.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES