viernes, marzo 29, 2024
InicioNewsO PaísRécord de ingresados en UCI pola COVID-19 en Galicia

Récord de ingresados en UCI pola COVID-19 en Galicia

Ata 253 galegos e galegas infectados de coronavirus requiren coidados intensivos nos hospitais de Galicia polo seu estado de gravidade, son 11 máis que o día anterior.

O número de persoas hospitalizadas baixou en 24 na última xornada ata situarse nos 1.439 ingresados diagnosticados de SARS-COV-2. Os casos activos tamén aumentaron en Galicia nas últimas 24 horas, quedando situados nos 22.522 casos activos, despois de que no último día se confirmasen 1.101 novos contaxios.

Os datos trasladados pola Consellería de Sanidade permiten coñecer que a baixada no número de hospitalizados débese principalmente á redución de pacientes ingresados na área da Coruña e Cee, onde aínda que soben en sete os hospitalizados con Covid en UCI ata os 93, descenden en 18 os que se atopan noutras unidades (323); e na de Santiago e Barbanza, onde aumentan en tres os que se achan en UCI (47), pero caen en 15 ata os 141 os doutras unidades.

Tamén descenden os ingresados na área de Pontevedra e O Salnés, cun menos en UCI (30) e un menos noutras unidades de hospitalización (130). Mentres, na de Ourense mantéñense sen cambios en 13 os que están en UCI e descenden nun ata os 184 os que permanecen noutras unidades.

Pola súa banda, no distrito sanitario de Ferrol baixan nun os pacientes con Covid en UCI (23) e soben en dúas os que están noutras unidades (166); mentres que no de Vigo aumentan nun ata os 25 e en seis ata os 172, respectivamente. Tamén hai un lixeiro incremento na área de Lugo, con dous pacientes máis en UCI (22) e tres máis noutras unidades (70).
Os casos activos de coronavirus en Galicia volven subir, despois de que baixaran na última xornada, ata os 22.522, o que supón 102 máis que a xornada anterior. En concreto, baixan en dúas áreas sanitarias: Ourense (2.874) e na da Coruña e Cee (5.883), mentres que soben nas de Vigo (3.861), Santiago e Barbanza (3.442), Pontevedra e O Salnés (2.503), Ferrol (1.824) e Lugo (2.135, o que supón cinco máis).

En canto aos contaxios diarios detectados por diferentes tipos de probas, aumentaron en 1.001, tras situarse na xornada pasado por baixo do milleiro por primeira vez en varias semanas. Con todo, descenderon os positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas ata os 791, fronte aos 880 da xornada anterior. Ata o momento en Galicia realizáronse 1.434.487 PCR, 11.080 máis con respecto a este luns.

No que á taxa de positividade respecta –porcentaxe de infeccións por PCR realizadas– ascende lixeiramente a un 7 por cento, tras caer a un 6,7% na xornada anterior, aínda por encima do 5% que marca a OMS para dar por controlada a pandemia e do que Galicia non baixa desde o 24 de decembro.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES