viernes, abril 19, 2024
InicioNewsO PaísQuinto día de subida dos casos activos en Galicia

Quinto día de subida dos casos activos en Galicia

Por quinto día consecutivo soben os casos activos en Galicia. Sitúanse arestora en 2.382 os positivos (+66) logo de que na última xornada se notificaran 165 novos positivos. Non son subas alarmantes pero si para estar prevenidos. Nos hospitais hai 185 ingresados COVID.

Logo de que Fernando Simón, o director do Centro de Alertas e Emerxencias Sanitarias, confirmara que xa nos atopamos na cuarta onda da pandemia, este ascenso aínda que leve de casos poida que sexan xa os primeiros efectos da Semana Santa, e que se poidan ver aumentados nos próximos días.

A área sanitaria con máis casos activos de coronavirus segue a ser a da Coruña  pero Vigo está case ao mesmo nivel:

A Coruña: 615 (-1)

Vigo: 604 (+5)

Ourense: 185 (-1)

Santiago: 367 (+12)

Lugo: 169 (+12)

Pontevedra: 357 (+30)

Ferrol: 85 (+9)

Nos hospitais a situación segue a ser estable, con subidas e baixadas nas últimas semanas, actualmente hai en Galicia 185 persoas ingresadas; 156 en planta (+1) e 29 en UCI-1).

Logo de catro días sen falecidos o Sergas notificou na última xornada un deceso por coronavirus, o que ascende o número de hospitalizados pola COVID-19 a 185 persoas.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES