jueves, marzo 28, 2024
InicioNewsO PaísProbas piloto para reactivar o ocio nocturno "con medidas proporcionais"

Probas piloto para reactivar o ocio nocturno «con medidas proporcionais»

Esaiase este sábado de xeito simultáneo en seis estabelcementos da Comunidade, en concellos con niveis medio-baixo de restricións.

 A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, asistiu hoxe á proba piloto para a reactivación do ocio nocturno que tivo lugar na noite deste sábado en Vigo. Un ensaio que tivo lugar de xeito simultáneo en seis establecementos da Comunidade, en concellos con niveis de restricións medio-baixos, e que serve de preparatoria para a apertura prevista o vindeiro 1 de xullo. 

Nun acto, celebrado no exterior da discoteca viguesa Tokyo, e tras recordar que o sector do ocio nocturno está pechado en toda España por unha decisión do Goberno central, a representante autonómica sinalou que a desescalada será gradual, dinámica e reversible en función da evolución epidemiolóxica, tal e como se defendeu desde Galicia. 

A este respecto, amosou a súa satisfacción ante a rectificación do Goberno de Sánchez a consecuencia dunha resolución xudicial nas medidas aprobadas a pasada semana e que afectaban á hostalería e ao ocio nocturno. “Tíñamos claro que o seu cumprimento por obrigación invadía competencias, ao tempo no que bloqueaba a desescalada gradual e prudente que estamos a levar a cabo desde Galicia”, indicou, para advertir que na Comunidade “seguiremos ao escoitar aos que saben”, en clara referencia ao comité clínico asesor. 

“A cogobernanza na xestión da pandemia ten que ser real e chegar como neste caso a un acordo pacífico no que se recolle algo tan elemental como o feito de que as medidas aprobadas teñen que ser proporcionais á evolución epidemiolóxica”, insistiu Fernández-Tapias. Unha proporcialidade que, segundo apuntou, “ven sendo o manual do Goberno galego na xestión da crise sanitaria dando excelentes resultados”.  

Galicia da así un paso máis, con todas as garantías e a máxima prudencia para a reapertura dun dos sectores máis afectados polas restricións sanitarias, xa que foron os primeiros en pechar e serán os últimos en abrir. Neste contexto, a delegada avanzou que  a Xunta aprobará en breve unha liña de axudas específicas de 4 millóns de euros para o ocio nocturno, consensuada co sector. Un apoio que lles servirá para facer fronte a perda de ingresos e que se suma aos dous plans de rescate aprobados ata o de agora por un importe de 180 millóns de euros e dos que tamén puideron beneficiarse. 

En todo caso, Fernández-Tapias apelou á prudencia, especialmente entre a mocidade, neste novo escenario “no que o risco de contaxio aínda existe”. “Aínda que estamos na recta final desta carreira de obstáculos aínda non chegamos á meta, polo que solo actuando con sentidiño poderemos entre todos superar a pandemia. De nada serve pegar un acelerón para ter que dar pasos atrás”, aseverou. 

Protocolo do ensaio

A  pilotaxe permitirá obter datos en varios establecementos e o seu estudo facilitará mellorar as medidas para a reactivación do ocio nocturno, xa que a finalidade última do plan é protexer a traballadores e clientes reducindo as posibilidades de contaxios. En canto ao protocolo establecido, que inclúe medidas sanitarias e recomendacións de boas prácticas, recolle como requisito acceder con invitación previa e cunha PCR negativa. Tamén a obrigatoriedade de levar máscara en todo momento salvo no consumo de bebidas. 

Asemade, limita a ocupación dos locais ao 50% da súa capacidade no interior e o 75% en terrazas e espazos ao aire libre. Sinala unha separación mínima entre mesas de 1,5 metros e exixe garantir as distancias interpersoais. 

Respecto aos  responsables dos locais, marca que deben declarar e exhibir a ocupación máxima, así como levar un control e un rexistro dos clientes que terán que gardar durante tres meses para poder ser localizados en caso de gromos. A correcta ventilación empregando aparellos medidores de CO2 é outra das medidas que se indican.

Para comprobar os resultados realizarase unha nova PCR aos participantes entre os 7 e os 10 días posteriores. 

 

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES