sábado, abril 20, 2024
InicioNewsO PaísPrimeiro caso detectado da variante brasileira en Vigo

Primeiro caso detectado da variante brasileira en Vigo

Primeiro caso en Galicia da variante brasileira de COVID-19 detectado nun mariñeiro peruano procedente de América do Sur. Detectouno o Servizo de Medicina Preventiva da área Sanitaria de Vigo ao realizarlle a secuenciación ante a sospeita.

O Sergas lembra que non se secuencian todas as probas PCR, senón «só aquelas con sospeita doutra variante». O equipo médico sospeitou que este home contaxiado «podía ter esta variante». 

 Medicina Preventiva fixo as comprobacións ao ter en conta os datos de procedencia e as características clínicas do paciente e confirmou a variante brasileira.

O xefe de Microbiología da área Sanitaria de Vigo, Benito Regueiro, explica que este achado forma parte do proceso de vixilancia que manteñen «sistematicamente» para o Ministerio de Sanidade e o Sergas.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES