sábado, abril 20, 2024
InicioNewsO PaísPrimeira viaxe do AVE de Madrid a Ourense

Primeira viaxe do AVE de Madrid a Ourense

Algo máis de 2 horas e 15 minutos durou hoxe a viaxe de Madrid a Ourense en AVE. A alta velocidade que conecta Galicia coa capital de España probouse hoxe por parte das autoridades. O servizo para a poboación comenzará o 21 de decembro e as entradas estarán á venda mañá, 23 de novembro.

A ministra de Transportes:

O presidente da Xunta:

O tren de alta velocidade saíu de Chamartín ás 8:45 horas e chegou á estación ourensá ás 11:04 horas, con paradas en Zamora e Seabra para recoller autoridades.

En Ourense, a ministra de Transportes, Raquel Sánchez, anunciou que a viaxe inaugural se realizará o vindeiro luns 20 de decembro e dixo que a partir do día seguinte, martes 21, comezarán a circular os trens comerciais, para os que se poderán adquirir billetes desde este martes 23 de novembro

A posta en servizo do novo treito Pedralba-Ourense, de máis de 119 quilómetros, supón, dixo a ministra, o tiro de saída á circulación comercial cunha nova oferta de servizos que «reducirá os tempos de viaxe e mellorará a conexión de Madrid con todas as provincias galegas».

Pola súa parte, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pediu que se instalen antes se é posible, e adiantou que os autobuses se adaptarán as novas liñas de tren. Tamén dixo que a insistencia de Galicia fixo posible que o AVE chegase á nosa comunidade.

As frecuencias diarias entre A Coruña, Santiago e Ourense con Madrid van pasar de seis a dez; en Vigo de catro a oito; en Pontevedra, de catro a sete; e en Lugo de tres a catro.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES