viernes, abril 19, 2024
InicioO PaísPontevedraLuisa Piñeiro di que a obra non é responsabilidade súa

Luisa Piñeiro di que a obra non é responsabilidade súa

A exdelegada da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, defendeu hoxe, nas redes, que a condea coñecida o vernes é inxusta.

Piñeiro deféndese despóis de dimitir do cargo de delegada da Xunta en Pontevedra pola sentenza xudicial que a condea a dous anos de cárcere e a oito de inhabilitación por prevaricación e fraude en relación a subvención a unhas obras investigadas dentro da «Operación Patos». O fallo do Xulgado do Penal número 3 de Pontevedra, que tamén condena ao expresidente da Deputación Rafael Louzán, coñeceuse o pasado venres pola tarde, e ambos reaccionaron anunciando recurso.

Piñeiro compartiu nas súas redes sociais un vídeo de 12 minutos de duración no que descarga a responsabilidade da tramitación da axuda na Deputación de Pontevedra.

Carta da alcaldesa de Mos

Pola súa banda, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, fixo pública unha carta aberta na que di que Piñeiro foi «unha alcaldesa referente en Galicia, pola cercanía, polo bo facer e tamén polos resultados acadados».
«Pero hoxe o motivo das miñas afectuosas palabras cara a ti é por algo máis. Desde o pasado venres teño o meu corazón roto polos acontecementos cara á túa persoa, pero ao mesmo tempo estou tranquila ao comprobar a fortaleza coa que afrontas a situación», asegura.
«Luisa, amiga, teño que quitarme o sombreiro ante como estás a afrontar estes días tan duros, con esa enteireza, que non é doada de levar pero que tan ben a levas. Esa enteireza que ten detrás a túa inocencia, da que estou convencida». «Por elo ánimo, forza. Somos moitos os que estamos e estaremos sempre ao teu carón. Pronto sairá o sol e, nunca esquezas, que o tempo dá e quita razóns».

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES