sábado, abril 20, 2024
InicioO PaísPontevedraNovo cribado masivo nas farmacias da provincia de Pontevedra

Novo cribado masivo nas farmacias da provincia de Pontevedra

Desta vez a poboación diana é as persoas entre 12 e 64 anos da idade e elévase a 400 o número de farmacias participantes en toda a provincia.

O día 28 de abril comeza un novo cribado masivo nas farmacias de Pontevedra para detectar persoas asintomáticas no marco do programa de detección da COVID-19 na cidadanía da provincia de Pontevedra a través das oficinas de farmacia, suscrito entre a Consellería de Sanidade e o colexio de farmacéuticos a provincia. Trátase dunha auto recollida de mostra de saliva. Esta campaña non ten data de finalización e manterase no tempo mentres sexa necesario.

É este o terceiro cribado que pon en marca o SERGAS en colaboración coas boticas de Pontevedra logo de testar a adolescentes e a persoas entre 40 e 64 anos de idade.

Na provincia de Pontevedra hai 627.021 persoas con tarxeta sanitaria do Servizo Galego de Saúde de idades comprendidas entre 12 e 64 anos, das cales 617.090 son candidatos a participar no programa e 9.931 non o son porque cumpren algún dos seguintes criterios de exclusión como que xa tiveran un resultado positivo en COVID-19 nos últimos 3 meses, ser contacto estreito dunha persoa con positivo ou ser residente ben nos centros de discapacidade ben de maiores.

Ademais de ampliarse o rango de idade, os veciños e as veciñas da provincia que xa participaron en anteriores cribados poderán repetir a proba se seguen cumprindo os criterios de inclusión.

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES